"NEGOCIACIÓN" DAS RPT'S DE LETRAD@S NA FASE III

Xoves, 31 Xul 2025

Onte día 30 de xullo celebrouse por videoconferencia un “paripé” de  reunión co Ministerio sobre as rpts de letrados/as da Fase III. Non houbo lugar á negociación, estaba todo xa decidido e nesta semana xa se van publicar. Este é o talante negociador do Ministerio en canto aos postos de traballo dos letrados/as.

A CIG fixo alegacións ao documento referido ás prazas do noso país, incidindo nos seguintes puntos:

  • Consolidación dos refprzos existentes na actualidade e que levan máis de tres anos: o Ministerio contestounos que nos dará traslado do listado dos existentes e antes de final de ano vannos convocar para negociar a súa creación. O que nob aseguran é que se vaian crear no mesmo órgano ou xuridicción na que actualmente fan o reforzo ( concretando, aludimos ao do social de A Coruña, contestando o Subidirector que ese si que seguramente se crearía na área social).
  • Especificación das prazas de VIOXEN: Ministerio di que non vai establecer o código de VSM e que se se seguirá o mesmo criterio que na fase III. Argumenta que non hai volumen de traballo específico para VIOXEN, o que á noso entender é mentira e manifesta unha vez máis a hipocresía desta Administración co tema da violencia machista,.Tamén pedimos que en Vigo e A Coruña se manteñan 8 prazas con código de Garda e se especifiquen 2 de VIOXEN.
  • En Vigo non entendemos que estea ben dimensionada a área social/contenciosa do SCT onde quedan só 3 laxs dos 9 que actualmente están destinados nesas xurisdiccións, e menos se o comparamos co establecido para A Coruña cuns números similares.
  • Aclaración do distinto criterio asumido para encargarlle o Rexistro Civil aos Directores ou Directoras do Servizo Común Xeral en Ourense, Ferrol, Lugo e Compostela e non en Pontevedra. Díxosenos que foi unha suxerencia do Secretario de Goberno e responde a criterios de carga de traballo e que se está a pedir tamén este cambio para Compostela xustificándoo pola área hospitalaria.
  • Advertimos dun erro na praza de Dirección do Sertvizo Común Xeral, que configura como singularizada pero que como método de provisión contempla o concurso de traslados ordinario.

            Tras insistir en que os documentos se van publicar como están, salvo este ou outros erros, nesta semana, informan de que en agosto se publicará o concurso de postos especficos e libres designacións de  lax, aínda que o prazo para solicitalo abranguerá setembro. Tamén se publicará o de persoal de corpos xerais do ámbito Ministerio.