
NOMEAMENTO DE SUBDIRECTORAS DOS IMELGA DE VIGO E PONTEVEDRA

Hoxe publicouse no DOG a resolución pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia, anunciada por Resolución do 21 de febreiro de 2025.
O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade da persoa funcionaria, de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma, e vinte días se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, en que será dun mes.
O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado.
Consulta na ligazón a resolución completa publicada no DOG: