NOMEAMENTO E ADXUDICACIÓN DE DESTINOS MÉDICAS/OS FORENSES
Publicouse no BOE e DOG do 23 de xullo a RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle outorga destino ao persoal funcionario do corpo de médicos forenses, quenda libre, que superou as probas selectivas convocadas pola Orde PJC/1446/2024, do 10 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a Orde PJC/740/2026, de 6 de xullo, pola que se nomea personal funcionario do Corpo Nacional de Médicos Forenses ás persoas que teñen superado o proceso selectivo
Os/as funcionarios/as do corpo de médicos forenses aos/ás que se lles outorga destino nas respectivas resolucións deberán tomar posesión do seu cargo nos correspondentes departametos das administracións convocantes, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para ver as resolucións completas preme nas ligazóns: