NOMEAMENTOS DE LETRADAS/OS DA TERCEIRA CATEGORIA - PROMOCIÓN INTERNA

Convocatoria Orde PJC/215/2024, do 20 de febreiro
Mércores, 26 Nov 2025

Publicouse no BOE do 26/11/2025 a Orde PJC/1339/2025, do 19 de novembro, pola que se nomean Letrados e Letradas da Administración de Xustiza da terceira categoría, polo sistema de promoción interna, ás persoas que superaron o proceso selectivo convocado por Orde PJC/215/2024, do 20 de febreiro.

Os Letrados e as Letradas da Administración de Xustiza nomeadas en virtude desta orde deberán tomar posesión do seu cargo dentro de VINTE DIAS NATURAIS contados desde o seguinte ao da data da publicación do nomeamento no «Boletín Oficial do Estado». En todo caso, a referida toma de posesión haberá de ter lugar dentro dos tres días seguintes ao da prestación do xuramento ou promesa, de acordo con o artigo 45.2 do Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios Xudiciais, aprobado polo Real Decreto 1608/2005, do 30 de decembro.

Para ver a orde completa preme na ligazón: