NOTA INFORMATIVA DO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE OS PROCESOS SELECTIVOS DE ESTABILIZACIÓN
O Ministerio de Xustiza acaba de publicar na súa páxina web unha nota informativa dirixida ás persoas que superaron os seguintes procesos selectivos:
• Xestión Procesual estabilización concurso, convocado por Orde JUS/1288/2022 de 22 de decembro
• Auxilio Xudicial estabilización concurso, convocado por Orde JUS/1288/2022 de 22 de decembro
• Xestión Procesual estabilización concurso-oposición, convocado por Orde JUS/1327/2022, de 28 de decembro
• Tramitación Procesual estabilización concurso-oposición, convocado por Orde JUS/1327/2022, de 28 de decembro
• Auxilio Xudicial, estabilización concurso-oposición, convocado por Orde JUS/1327/2022, de 28 de decembro
NOTA INFORMATIVA: Todas aquelas persoas opositoras que foron propostas nas listas complementarias, non poderán solicitar a adxudicación de destino até que non se publique no BOE a Orde na que figuren como aprobadas e a súa correspondente oferta de destinos.