NOTA INFORMATIVA SOBRE ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN - CORPO DE XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA

Convocatoria Orde PJC/1435/2024, de 4 de decembro
Mércores, 29 Out 2025

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse a seguinte nota informativa no proceso de promoción interna do corpo de Xestión, convocado pola Orde PJC/1435/2024, de 4 de decembro.

Comunícase ás persoas opositoras que superaron a fase de oposición que, previsiblemente na segunda quincena de novembro, abrirase a fase de concurso para a achega da documentación a instancia de parte do historial profesional, conforme ás instrucións e recomendacións que oportunamente se publicarán no acordo do Tribunal Cualificador Único a través do aplicativo informático que se habilitará.​

Para ver a nota informativa preme na seguinte ligazón:

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/promocion-interna/Gesti%C3%B3n-promoci%C3%B3n-interna-PJC14352024