
Nota informativa sobre aprobación Consello de Ministros do IV PLAN DE IGUALDADE NA AXE

A CIG decidiu non asinar o IV Plan de Igualdade de Xénero da Administración Xeral
do Estado (AGE) aprobado o 7 de outubro polo Consello de Ministros. Malia recoller
algunhas melloras , o documento é insuficiente, pouco ambicioso e sen garantías
reais de execución nin recursos asignados. A C.I.G. entende que este Plan non supón
un avance efectivo cara á igualdade real entre mulleres e homes na Administración
Pública, senón un texto fundamentalmente descritivo, sen compromisos concretos nin
medidas vinculantes.