NOTA INFORMATIVA SOBRE SUSPENSIÓN DE CHAMAMENTOS NA NOVA BOLSA DE PERSOAL INTERINO

Sábado, 05 Set 2026

A Dirección Xeral de Xustiza trasladounos a nota informativa sobre como deben solicitar as/os novas compoñentes a suspensión de chamamento nas novas bolsas de persoal interino.

Unha vez entren en vigor as novas listaxes de persoal interino convocadas pola Resolución do 13 de abril de 2026, as bolsas anteriores quedarán automaticamente anuladas de conformidade co establecido no artigo 8.4 da dita resolución.

Aquelas persoas interesadas en quedar en situación de suspensión de chamamentos conforme o establecido no artigo 20 da Orde do 6 de maio de 2026 poden cursar a dita solicitude coa documentación acreditativa necesaria nun prazo de cinco días hábiles (do 7.09.2026 ao 11.09.2026), por correo electrónico ante a xefatura territorial correspondente. A suspensión terá efectos dende a entrada en vigor das novas bolsas.

Recórdase que o persoal interino que estaba en situación de suspensión temporal nas anteriores bolsas deberán solicitar novamente a suspensión xa que non pasarán a esta situación de forma automática.

A continuación facilítase a información de contacto coas xefaturas territoriais:

Departamento Territorial da Coruña,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico : servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
Tfno. 981 184 472/ 981 184 456

Departamento Territorial de Lugo,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.gal
Tfno. 982 294 308/ 982 29 49 95

Departamento Territorial de Ourense,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
Tfno. 988 386 016

Departamento Territorial de Vigo,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico: servizoxustiza.vi@xunta.gal
Tfno. 986 817 716/ 986 817 788