NOTIFICACIÓNS A PERSOAS OBRIGADAS A RECIBIR COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS
Ábrese o prazo de inscrición para participar na actividade "Notificacións a persoas obrigadas a recibir comunicacións electrónicas", dispoñible a partir do 02/12/2025. Nestas sesións repasaremos o fluxo de notificación ás persoas obrigadas a recibir comunicacións electrónicas e como usar os localizadores desde Visor-EXE cando se excede o límite de documentación anexa en Minerva.
Ademais, explicarase como o localizador xerado en Visor-EXE é unha funcionalidade de uso exclusivo para as notificacións enviadas a través do modo D da Sede Electrónica e revisarase un conxunto de boas prácticas para un uso correcto desta ferramenta.
Escolle a sesión que mellor se adapte á túa dispoñibilidade. A asistencia é moi recomendable para asegurar un manexo eficaz e seguro destas funcionalidades.
Para matricularte debes acceder a intranet a través desta ligazón: