
NOVA CAPACITACIÓN DISPOÑIBLE ABERTO O PRAZO PARA ASISTIR AO TALLER DA ACTIVIDADE "COMPETENCIAS DIXITAIS" PARA OS ÓRGANOS DA PROVINCIA DA CORUÑA

"Competencias dixitais (taller I)", dedicada aos medios no posto de traballo.
Esta actividade forma parte do Plan en Dixital de capacitación continua, dirixida ao persoal ao servizo dos órganos xudiciais de Galicia, que ten como obxectivo reforzar o coñecemento imprescindible para a óptima implantación do expediente xudicial electrónico.
Poderás elixir se queres asistir presencialmente, en liña ou se prefires a modalidade de teleformación.
No formulario de inscrición que podes atopar AQUÍ encontrarás sesións específicas dirixidas ao teu perfil.
Estas primeiras sesións están dirixidas ao persoal dos órganos xudiciais da provincia da Coruña.
O quórum por sesión é de 7 persoas.
Dende AQUÍ podes acceder aos contidos do taller.
IMPORTANTE: A solicitude non garante a praza na sesión, pois a asistencia ás distintas videoaulas é limitada. Confirmaranche a túa praza enviando un correo electrónico ao enderezo que indiques no formulario, dende a conta implantacion-axe.amtega@xunta.gal.