
NOVA CONVOCATORIA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse a Resolución de 11 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se realiza unha nova convocatoria de prazas de postos xenéricos en substitución. Nesta convocatoria anúnciase tamén a provisión dun posto singularizado.
Están destinadas ao persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas xerais ao servizo da Administración de xustiza, con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, que estea en situación de activo en xulgados, tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de Xustiza.
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.
POSTOS XENÉRICOS:
POSTOS SINGULARIZADOS:
Para ver a resolución completa preme na ligazón: