NOVA LISTAXE PROVISIONAL DA BOLSA DE PERSOAL INTERINO DO CORPO DE M.FORENSES

Venres, 06 Feb 2026

Publicouse na intranet de Xustiza e mais na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 6 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe provisional de novas persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de Xustiza, convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.

A listaxe poderá consultarse tamén a través da OPAX (https://opax.xunta.es), seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

O prazo de alegacións será de 10 DÍAS HÁBILES.

Para ver a resolución e a listaxe de novos admitidos preme nas ligazóns: