NOVAS INCORPORACIÓNS NA BOLSA DE PERSOAL INTERINO DO CORPO DE M.FORENSES
Saíu publicada a Resolución do 21 de novembro de 2025 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproba a listaxe provisional de novas persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de xustiza, convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024, onde podes consultar a ligazón ao documento en PDF coa listaxe de persoas admitidas.
A listaxe poderá consultarse tamén a través da OPAX (https://opax.xunta.es), seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".
O prazo para presentar alegacións é de 10 días hábiles. As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación informática https://opax.xunta.es.

Para ver a resolución completa preme na ligazón: