NOVAS ÚLTIMA HORA: CONCURSO DE MÉRITOS E CONCURSO DE TRASLADOS
Segundo información que comunicou hoxe o Ministeiro de Xustiza, o 2 de marzo publicarase a oferta de destinos para Auxilio e Xestión de estabilización por concurso de méritos (JUS/1288/2022). As ordes xa están asinadas e remitidas ao BOE para a súa publicación.
O concursiño mantense como data de resolución e adxudicación de destinos finais de marzo.
En canto a estabilización concurso de méritos para persoas con discapacidade, o venres xa se publicaron as valoracións definitivas de auxilio, restando só as de xestión e tramitación. O Ministeiro entende que este proceso debería de estar rematado antes do verán.