O Consello de Ministros cesa a Secretaria de Estado de Función Pública

Xoves, 23 Out 2025

O CESE DA SECRETARIA DE ESTADO CLARA MAPELLI NON SOLUCIONA O CAOS EN FUNCIÓN PÚBLICA

O cese da Secretaria de Estado de Función Pública, Clara Mapelli, por parte do ministro Óscar López, este martes 22 de octubro no Consello de Ministros é unha nova mostra da desorganización e falta de rumbo que sofre o Ministerio. En sete anos de goberno, Pedro Sánchez leva seis ministros distintos e ningunha política seria para recuperar dereitos nin mellorar as condicións do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado.

A deriva de Función Pública é evidente: unha lexislatura sen orzamentos, ofertas de emprego público que manteñen a taxa de reposición, procesos selectivos interminables, plantillas envellecidas, perda continuada de poder adquisitivo, incumprimento do IV Convenio Único (CUAGE) e ausencia total dun acordo retributivo xusto, etc. Mentres tanto, seguen externalizando servizos e degradando o emprego público. 

Exiximos ao Ministro que poña fin á improvisación, que sente a negociar en serio coas organizacións sindicais. A recuperación do emprego público, o reforzo dos servizos e a dignificación das condicións laborais deben ser prioridades reais, non simples discursos.

Ver Nota Completa