O fracaso dun goberno “progresista” que negocia ás costas do persoal público

Mércores, 05 Nov 2025

Resulta difícil seguir chamando “progresista” a un goberno que vulnera de maneira tan flagrante o dereito á negociación colectiva. O artigo 34.1 do Estatuto Básico do Empregado Público é claro, as condicións de traballo do persoal ao servizo das administracións deben negociarse nas mesas correspondentes, con participación das organizacións sindicais representativas. Pois ben, o Ministro de Transformación Dixital e para a Función Pública decidiu volver facelo pola porta de atrás, pactando directamente cos medios e filtrando propostas que dí negociadas con sindicatos que se prestas a facelo sin respectar os espazos formais de diálogo.

Este xeito de actuar non é só unha irregularidade: é unha falta de respecto ás traballadoras e traballadores públicos, aos seus representantes e á propia idea de Administración democrática. Non se pode construír unha Administración do século XXI con prácticas do século XIX.

O chamado “Acordo Marco para unha Administración do Século XXI” naceu con moita propaganda e moi pouca vontade real de cambio. Anunciábase como un pacto histórico para modernizar o emprego público, pero quedou en papel mollado:

● Non se garantiu a recuperación do poder adquisitivo perdido

● As promesas de mellora nas condicións de traballo, estabilización e carreira profesional foron incumpridas ou relegadas a grupos de traballo eternos.

● A negociación real foi substituída por decisións unilaterais, anuncios á prensa e improvisación política.

Mentres tanto, a realidade nas oficinas, nos servizos e nos centros de traballo é a dun persoal esgotado, con cargas crecente e salarios que non chegan a cubrir o custo da vida. O resultado é evidente, o fracaso do Acordo Marco e a perda total de credibilidade dun goberno que se di progresista pero actúa detrás sen respetar a pluralidade sindical.

O persoal público non precisa máis titulares de prensa nin xestos de marketing, precisa respecto, negociación real e un cambio de rumbo que devolva dignidade ao traballo na Administración.