O MINISTERIO PARALIZA A OFERTA DE PRAZAS PARA AS PERSOAS APROBADAS NA ORDE PJC/1357/2024 SEN CONCRETAR UNHA NOVA DATA

Venres, 06 Nov 2026

O Ministerio de Xustiza vén de informarnos que por causas sobrevidas, o Ministerio acordou paralizar a publicación da oferta de prazas para as persoas aspirantes aprobadas nos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial, correspondente ao proceso selectivo convocado pola Orde PJC/1357/2024, cuxa publicación estaba prevista para o vindeiro 7 de novembro.

Non obstante, si se publicará na data prevista a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En canto á publicación da oferta de destinos, o Ministerio limítase a sinalar que comunicará a nova data «á maior brevidade posible», sen concretar ningún prazo nin ofrecer explicacións sobre as causas que motivan esta paralización.