O PERSOAL INTERINO QUE TRAS O CESAMENTO ESTIVERA DE VACACIÓNS O 31/12/2024 OU 31/12/2025 PODE SOLICITAR A TRAXECTORIA PROFESIONAL
SE ERES INTERINA/O E, O 31 DE DECEMBRO DO 2024 OU DO 2025 ESTABAS DE VACACIÓNS TRAS UN CESAMENTO, SI PODES PEDIR A TRAXECTORIA PROFESIONAL
A CIG acaba de conseguir que a Dirección Xeral permita solicitar a traxectoria a unha interina que cesara días antes do 31 de decembro de 2024 e se atopaba desfrutando as vacacións pendentes.
Como xa vos comentamos hai unhas semanas, a xurisprudencia consolidada do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e do Tribunal Supremo avala que as vacacións anuais retribuídas constitúen tempo de traballo efectivo diferido, e non unha mera compensación indemnizatoria, polo que o seu aboamento tras o cesamento non altera a súa natureza xurídica. Polo tanto, deben ser tidos en conta como servizos efectivos.
De estar nesa situación a data 31 de decembro de 2024 (ou 2025 para os corpos de xestión e Medicina Forense) debe considerarse que se cumple co requisito exixido para solicitar a traxectoria.
Este aspecto ven de ser recoñecido pola Dirección Xeral ao facilitar o acceso á solicitude na OPAX a unha persoa interina nesa situación, logo de ter sido recurrida a imposibilidade inicial.
Se estás nesa situación e precisas asesoramento, diríxete a calquera das nosas delegadas ou delegados.