O SEPE impón un criterio restritivo sobre as vacacións tras a maternidade e a CIG leva o asunto ao Defensor del Pueblo

Martes, 04 Ago 2026

O SEPE acaba de confirmar por escrito un criterio que afecta directamente aos dereitos de conciliación de moitas compañeiras. O organismo defende que as vacacións pendentes tras un permiso por nacemento e coidado de menor deben desfrutarse de forma inmediata ou próxima á reincorporación, convertendo nunha regra xeral o que a normativa non establece como obrigatorio. Desde a CIG consideramos que esta interpretación restrinxe dereitos sen amparo legal suficiente e, por iso, xa iniciamos actuacións para combater este criterio e defender unha aplicación máis garantista da normativa.

Nota Informativa completa