
O sindicato CIG asiste con perplexidade ó desmantelamento do colectivo de persoal laboral

O sindicato CIG asiste con perplexidade ó desmantelamento do colectivo de persoal laboral do noso ministerio. Na reunión da Subcomisión Paritaria do día 6 de marzo, a administración informa da situación do expediente de modificación de complementos do persoal laboral trala reunión da COPA do día 25 de febreiro cun resultado sorprendente: Función Pública ven de denegar o 42% dos complementos solicitados, máis de 500 denegacións, a meirande parte delas correspondentes a persoal laboral con funcións administrativas. O motivo de ditas denegacións non se deu a coñecer en detalle e a administración referiuse como causa das mesmas á falta de adaptación das solicitudes denegadas ás definicións contidas no acordo de complementos de novembro de 2022.
A CIG seguirá traballando para que os distintos grupos de plantillas leven a cabo a tarefa de determinar todos os postos de persoal laboral que teñan encaixe nos difusos criterios de Función Pública e poder remitir novas solicitudes de expedientes para a súa tramitación na COPA.
En definitiva, a nosa decepción é manifesta tras comprobar que a unha boa parte do persoal do noso ministerio lle foi denegada a aprobación dos complementos baixo uns criterios pouco claros para definir a súa asignación, e que de manera persistente asistimos a un vaciado de postos de persoal laboral en forma de amortizacións para a creación de novos postos de persoal funcionario.
O panorama é desalentador en tódolos sentidos: gran parte dos postos de laborais están vacantes, asistimos a unha amortización continuada en favor da creación de novos postos de persoal funcionario, os baixos niveis retributivos convirten ó noso ministerio na ovella negra da función pública e o recurso a persoal externo non se limita a temas técnicos senón a tareas administrativas reservadas a empregados públicos. Asemade, a contía de dietas e formación centralizada en Madrid desincentiva a participación en accións formativas do persoal en servicios territoriais.
O sindicato CIG seguirá loitando para evitar o desmantelamento dun ministerio baixo mínimos e para unha asignación obxectiva dos recursos económicos alonxada da discrecionalidade imperante baseada en criterios pouco claros.