
O XULGADO DE GARDA DE VIGO CARECE DE ASEOS DE USO PÚBLICO

A sección sindical da CIG Xustiza en Pontevedra acaban de presentar no día de hoxe escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza denunciando que o Xulgado de Garda de Vigo carece de aseos de uso público.
O escrito presentado é o seguinte:
"Por parte da central sindical CIG, DENUNCIAMOS, que o Xulgado de Garda carece de aseos de uso público, o que se complica aínda máis as fins de semana, ao non poder transitar os usuarios polo resto do edificio.
É sorprendente que, así como a Cidade da Xustiza de Vigo, dispón de catro cuartos de baño de media en cada unha das 18 plantas da torre e outras catro no inmoble anexo, o que equivale a máis dun centenar de baños, tanto femininos como masculinos e de persoas con mobilidade reducida, esquecéronse dos aseos de uso público do Xulgado de Garda.
Ante esta problemática os cidadans e profesionais teñen que sair a rúa, o ser acompañados por un vixilante de seguridade a os aseos da planta Baixa tendo este que deixar abandonado o seu posto de control de accesos, sabendo a Administración que soamente traballa un os fins de semana.
É por iso que solicitamos se instalen nas dependencias do xulgado de garda baños de uso público, tanto femininos, como masculinos e de uso para persoas con mobilidade reducida, en base ao Art. 21 da lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, onde di, que “...os edificios de uso público disporán de aseos accesibles nas zonas de uso público, nos termos que se establezan regulamentariamente e procurando a existencia de aseos femininos e masculinos, así como que existan servizos accesibles para persoas con discapacidade...”."