
Oferta de Emprego Público 2024

Este xoves 13 de xuño celebrouse unha reunión da Comisión Técnica de Temporalidade e Emprego con un único punto na orde do día -oferta de emprego público para 2024-. O Subdirector de Planificación de Recursos Humanos e Retribución comeza anticipando a urxencia desta “negociación” e co seu recorrido nesta comisión vai ser curto. Na súa intervención non aportou ningún tipo de documentación nin datos sobre a OEP 2024, deixando claro que esta será continuista e semellante a do ano 2023.
A CIG lembramoslle que os antecedente dos que partimos non nos permiten ser optimistas con esta OEP 2024, xa que no mes de decembro o goberno dun xeito unilateral aprobou un R.D. 6/23, da que se derivou a aprobación dunha “Orde Ministerial” que regulará a planificación dos recursos humanos da Administración do Estado e que non tivo a aprobación de ningúnha organización sindical, é decir, desta orde ministerial . A isto temos que engadir que nos presentamos nesta xuntanza sen que admon nos aportase documento algún, sen ningún dato numérico de prazas a convocar, nin dun desglose de cifras a nivel sectorial, saber cantas prazas son de novo ingreso, cantas de promoción interna, cantas de persoal laboral, cantas de persoal funcionario, e saber se estamos ante un incremento real de efectivos que permita compensar a perda continua de persoal nestes últimos lustros, etc.
Esto nos leva a conclusión de que estas xuntanzas, a igual cos anos anteriores, son actos de mero trámite e que non hai ningunha intención de negociar nada por parte do goberno.