OFERTA DE PRAZA DE AUXILIO NA ESCOLA XUDICIAL DE BARCELONA

Luns, 26 Out 2026

No BOE do 26/10/2026 sae publiado o Acordo do 20 de outubro de 2026, da Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial, polo que se convoca concurso para a provisión de posto de traballo na Escola Xudicial en Barcelona ao que poderán acceder os funcionarios e as funcionarias pertencentes ás agrupacións profesionais a que se refire a disposición transitoria terceira do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (anterior grupo E do artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto) ou aos corpos ou escalas de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, de conformidade co artigo 624 da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, sempre que reúnan as condicións xerais esixidas ao posto de traballo e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que termine o prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes para tomar parte no concurso axustaranse ao modelo que está dispoñible na páxina www.poderjudicial.es «Emprego Público – Convocatorias en curso – 2026

As solicitudes, debidamente cumprimentadas e impresas, xunto á documentación que máis adiante se indicará, dirixiranse á Secretaría Xeral do Consello Xeral do Poder Xudicial e poderanse presentar en:
a) O Rexistro Xeral do propio Consello (Marqués da Enseada, número 8, 28071 Madrid).
b) Os rexistros e oficinas a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
c) A Sede electrónica do Consello Xeral do Poder Xudicial, mediante o trámite https://registroelectronico.poderjudicial.es/tramites/TR0000000402 se se dispón do correspondente certificado electrónico.

O prazo para a presentación de solicitudes será dentro dos QUINCE (15) DÍAS HÁBILIES, contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no «Boletín oficial del Estado