OFERTA DE PRAZAS DE LIBRE DESIGNACIÓN - DIRECTORES/AS DE SERVIZOS COMÚNS - CORPO DE LETRAD@S

Convocatoria Orde PJC/1114/2025 de 10 de outubro.
Domingo, 12 Out 2025

Publicouse no BOE do 11 de outubro a Orde PJC/1114/2025, do 10 de outubro, pola que se convoca a provisión de postos de traballo de Directores dos Servizos Comúns polo sistema de libre designación, para o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza.

As letradas/os da Administración de Xustiza que participen na presente convocatoria, cumprimentarán a súa solicitude, con carácter obrigatorio por medios telemáticos a través do asistente de inscrición, ao que poderán acceder desde a área privada de letradas e letrados da Administración de Xustiza, accesible a través do Punto de Acceso Xeral da Administración de Xustiza www.administraciondejusticia.gob.es (Área Privada-Escritorio de traballo Aplicación AINO@), cumprimentando todos os apartados que se lle esixan.

Concédese un prazo de DEZ DÍAS hábiles a partir do día seguinte á publicación no BOE, para que as persoas interesadas poidan formular as súas peticións con suxeición aos preceptos aludidos.

Para ver a orde completa preme na seguinte ligazón: