OFERTA DE PRAZAS PARA PERSOAL INTERINO

Xoves, 26 Feb 2026

Os respectivos Servizos de Xustiza veñen de comunicar as prazas que a Dirección Xeral de Xustiza autorizou este mercores 25 de febreiro para a súa cobertura por persoal interino.

Para comprobar se estas preseleccionada/o debes entrar na OPAX no apartado da "Bolsa de interinos" e, no seu caso, validar a túa solicitude antes das 14:00 horas do xoves 26 de febreiro.

Tal e como se recolle no artigo 20 da Orde de 4 de outubro de 2018, sobre selección e nomeamento de persoal interino, o luns día 2 de marzo de 2026 comunicaranse as persoas seleccionadas.
 
A CORUÑA
 
LUGO
 
OURENSE
 
PONTEVEDRA