
OFERTA DUNHA PRAZA DE TRAMITACIÓN NA CONSELLERÍA DE XUSTIZA POR LIBRE DESIGNACIÓN

Hoxe publícase no DOG a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, dunha praza de Tramitación Procesual e Adminsitrativa.
As solicitudes, dirixiranse á Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galiza, https://sede.xunta.gal, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
As persoas solicitantes deberán unir á petición o seu currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galiza, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
O modelo de solicitude atópase no Anexo II da convocatoria.
Denominación do posto: secretario/a da Fiscalía Superior.
Código do posto: PR.C99.10.006.15001.002.
Corpo ou escala: xeral/tramitador procesual e administrativo.
Grupo/subgrupo: C1 C2.
Nivel: 20.
Tipo de adscrición: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración de xustiza).
Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).
Centro directivo ou dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior.
Localidade: A Coruña.
Consulta na seguinte ligazón a convocatoria publicada no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241115/AnuncioG0759-071124-0004_gl.html