
PAGAMENTO DA SUBIDA DO 0,5%

Está previsto que o incremento salarial do 0,5% derivado do Real Decreto-lei 4/2024, de 26 de xuño, se aboe ao persoal funcionario da Administración de Xustiza de Galiza, con efectos retroactivos, coa seguinte distribución:
- A partir da próxima nómina do mes de xullo actualizaranse as retribucións aplicando o incremento do 0,5%, e, na mesma nómina dese mes, aboaranse os atrasos correspondentes ao ano 2025 (de xaneiro a xuño).
- Na nómina de agosto aboaranse os atrasos correspondentes ao ano 2024 (de xaneiro a decembro).