
PERMISO POR DEBER INEXCUSABLE PARA O COIDADO DE FILLAS/OS POR MOTIVO DO APAGÓN ELÉCTRICO

Segundo publicou a Consellería de Educación na súa web, a administración central finalmente decidiu que os colexios galegos estarán abertos aínda que non haxa nin transporte escolar, nin comedor nin clase. A decisión definitiva adoptouna o Ministerio de Educación ao asumir o mando da crise, e vai en contra do anunciado onte pola Consellería de Educación de que os centros permanecerían pechados, nun momento que aínda non volvera a electricidade.
En todo caso, de ter dificultades para atender ao coidado das fillas/os menores que non acudiron aos seus respectivos centros educativos, poderá facerse uso por parte dos proxenitores do permiso previsto por deber inexcusable:
Artigo 6. Permiso para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal poderase conceder un permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable e persoalísimo de carácter público ou persoal.
Para os efectos deste permiso, enténdese por deber inescusable de carácter público ou persoal:
e) Obrigas cuxo incumprimento lle xere á persoa interesada unha responsabilidade de orde civil, penal ou administrativa.
Para máis información preme nas ligazóns: