PERMISOS, LICENZAS, VACACIÓNS E REDUCIÓNS DE XORNADA ACTUALIZADOS

Xoves, 14 Nov 2024

O día 31 de outubro, como xa anunciamos na nosa páxina web, publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o réxime e o procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galiza. (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241031/AnuncioG0759-231024-0001_gl.html)

É unha actualización da aqueles cambios que se produciron nalgúns permisos, licenzas e reducións de xornada e unha actualización do que xa se viña realizando, pero que non estaba regulado. 

  • En canto o procedemento:

- As Direccións Territoriais da Consellería son as competentes para a concesión das vacacións, permisos, licenzas e reducións de xornada sinalados nesta resolución.

- Regúlanse os prazos de petición de solicitudes en relación a data de inicio do permiso ou licenza, sendo estos nuns casos no mesmo día do feito causante, noutros cunha antelación de cinco días hábiles ou quince días dependendo do tipo de permiso ou licenza.

- Excepcionalmente, por motivos sobrevidos xustificados ou de acreditada urxencia, poderanse presentar peticións fóra dos prazos citados, coa obriga de comunicalo, verbalmente ou por outro medio, de xeito inmediato.

- As solicitudes presentaránselle á unidade administrativa da respectiva oficina mediante os modelos telemáticos que se atopan na intranet xudicial, debendo o/a usuario/a cubrir todos os datos exixidos pola aplicación.

- Regúlase a documentación esixida para a concesión dos permisos licenzas e reducción de xornada.

Aquí vos deixamos un esquema actualizado de todos os permisos, licenzas, vacacións e reducións de xornada: