
PERSOAL TEMPORAL: O MINISTERIO ESTUDA A MODIFICACIÓN DA LOPX PARA LIMITAR OS NOMEAMENTOS

O Ministerio convocounos a unha reunión o vindeiro luns día 12 para trasladarnos as modificacións que propoñen da LOPX para limitar o nomeamento de persoal temporal. Prantexan cambios nos arts. 451 sobre letrados/as e 489 e 489 bis sobre corpos xerais, así como unha disposición transitoria única.
As liñas principais son:
-
Limitación temporal no caso de cobertura de vacantes a un máximo de dous anos, establecendo a obrigatoriedade de incluir esas prazas nas ofertas de emprego público correspondentes aos exercicios nos que se produzan so nomeamentos.
-
Establecemento de compensacións económicas de 20 días por ano no caso de incumprimento de prazos previstos ou fraude de lei
-
Non se poderá nomear ata pasados seis meses a aquelas persoas que acumulen un período total que supere os dous anos de traballo.
-
Nega a posibilidade de que estas circunstancias dean lugar ao recoñecemento da condición de funcionarios/as de carreira.
-
En corpos xerais, o nomeamento de reforzos será por un prazo máximo de nove meses dentro dun período de 18.
A Disposición transitoria establece que os nomeamenos actuais en vacantes continuarán até a cobertura do posto ou como máximo cando transcurran tres anos da entrada en vigor da reforma, pero as coberturas por outras causas que xa estean en vigor á entrada da lei si que se rexerán por ela.
Darémosvos información do que derive da mesa do luns.
A CIG, ÚNICA VOZ GALEGA NO MINISTERIO!