
PLAN ANUAL DE VACACIÓNS 2025

Esta semana recibimos o borrador do programa anual de vacacións para o 2025 e a Dirección Xeral deu até hoxe ás 14:00 para enviar alegacións a dito borrador.
Esta central sindical comunicoulle á DX nas alegacións presentadas que este programa anual de vacacións chega tarde, xa que estamos a 23 de maio e as e os traballadores da administración de xustiza en Galiza ainda non teñen organizadas e solicitadas as vacacións do verán, con isto a Administración non está a facilitar o dereito a conciliación que cada traballadora e traballador debería ter.
No texto do borrador só se contempla o período de vacacións do verán, do 1/07/2025 até o 30/09/2025. Nós consideramos que se debe manter o sistema até o de agora establecido, por tempadas, sendo do seguinte xeito:
TEMPADA A:
-
Do 01/07/2025 até o 30/09/2025
-
Nadal: 18/12/2025 até o 8/01/2026
TEMPADA B:
-
Do 21/04/2025 até o 30/06/2025
-
Do 1/10/2025 até o 17/12/2025
As porcentaxes de persoal mínimo que debe establecerse na tempada A hai que saber primeiro cantas persoas van a formar os novos órganos xa que no caso dos xulgados mixtos, cambian a ser tribunais de instancia e no caso dos xulgados de paz pasan a ser as oficinas de xustiza no municipio o 1/07/2025. Hai que telo en conta á hora da organización das vacacións e pola contra vemos que non se fai mención aos novos órganos en todo o texto algo que non se comprende cando o cambio vaise producir en pleno período de vacacións estivais.
Para a tempada B as mesmas porcentaxes que había o ano pasado no plan anual, xa que até o 31 de decembro non entra en vigor o cambio aos tribunais de instancia nas cidades:
- 80% xulgado de primeira instancia, mercantil e social
- 75% xulgado penal, menores, violencia e vixilancia penitenciaria
- 70% fiscalía, decanato e servizos comúns
- 60% tribunal superior, audiencia, rexistros civis exclusivos e xulgados de instrución
En canto as interinas/os, solicitamos que non estean obrigados/as nese período de solicitude de vacacións, xa que como se teñen en conta os días devengados a data de solicitude e non a data de desfrute, aquelas/es interinos/as que comezasen a traballar a principios de ano non terían a data do 6/06/2025 nin 15 días para solicitar de vacacións, polo que é preciso que non estean obrigados/as a solicitar no período establecido para o persoal funcionario.
Se queres consultar o borrador do programa de vacacións para o 2025 preme na ligazón: