Plan de Acción Social 2025

Vén de se aprobar o Plan de Acción Social 2025. O principal problema que lle vemos desde a CIG e a manifesta insuficiencia do orzamento con que conta. De haber orzamentos xerais do Estado e ter negociado antes a Dirección da AEAT o aumento da partida de acción social, os remanentes distribuiranse na comisión de seguemento do acordo do plan de acción social, que é o motivo principal polo que asinamos o acordo desde a CIG, para non permitir á Administración xestionar a acción social de maneira unilateral
Desde a CIG, xunto ao incremento de orzamento e que este non sexa un crédito vinculante, volvimos insistir na necesidade de que a promoción interna sexa canalizada abrindo a todo o persoal interesado La Academia- que se financia a través de formación- liberando esa parte do orzamento de acción social para as restantes axudas. Advertimos das mudanzas na “pirámide de poboación” da AEAT, que está incrementando o peso das axudas por coidado de fillas e entendemos que esta é a maneira de cubrilo.

Contido do Plan de Acción Social 2025:
Modalidade de axuda | Periodo de cobertura |
Coidado de fillas menores de 3 anos | 1/09/2024 ao 31/08/2025 |
Desenvolvemento educativo | 1/07/2024 ao 30/06/2025 |
Estudos do persoal | 1/07/2024 ao 30/06/2025 |
Saúde(modalidade 2.1) | 1/05/2024 ao 30/04/2025 |
Saúde (modalidades 2.2-2.3) | 1/09/2024 ao 31/08/2025 |
Promoción do persoal | 1/09/2024 ao 31/08/2025 |
Discapacidade/Dependencia | 1/09/2024 ao 31/08/2025 |
Excepcionais | 1/09/2024 ao 31/08/2025 |
Xubilación/ incapacidade permanente | 1/09/2024 ao 31/08/2025 |
Falecemento/ grande invalidez | 1/09/2024 ao 31/08/2025 |
A aprobación do Plan non implica, como outros anos, que se abra o prazo para presentar solicitudes. Poderanse pedir cando se publique, algo que a Dirección da AEAT ten previsto para o vindeiro mes de abril
- Principais novidades
o As solicitudes deben presentarse telemáticamente en todo caso, e preferentemente pola Oficina Virtual de Persoal
o A axuda por material didáctico (en promoción do persoal) só se dará nunha única convocatoria do PAS
De relevo tamén é que as facturas e xustificantes de pagamento teñen que axustarse ao disposto no apartado 3.4 das Bases Xerais do PAS 2025
Consulta o PAS 2025 no Blog