PRESENTACIÓN DE MÉRITOS LETRAD@S PROMOCIÓN INTERNA

Convocatoria Orde PJC/307/2025 do 26 de marzo
Venres, 02 Xan 2026

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza o Acordo do Tribunal N.º1 do proceso selectivo para acceso por promoción interna ao corpo de Letrad@s, polo que se procede á publicación da lista de aspirantes aprobados na fase de oposición e a apertura do prazo para a presentación de méritos para a fase de concurso.

Os aspirantes dispoñerán de DEZ(10) DÍAS HÁBILES para presentar a documentación requirida, d​esde o 31 de decembro de 2025 ata o 15 de xaneiro de 2026 (ambos inclusive).

A documentación presentarase exclusivamente a través do Rexistro Electrónico Xeral (https://reg.redsara.es/), dirixida á unidade EA0041048, Subdirección Xeral de Innovación e Calidade da Oficina Xudicial e Fiscal. É necesario indicar no asunto: «Méritos LAJ OEP 2023-2024 PI».

Para calquera consulta, incidencia ou aclaración, poden poñerse en contacto a través do correo electrónico eleccion.laj@mjusticia.es.

Para ver o acordo completo e a listaxe preme nas ligazóns: