PRIMEIROS PROBLEMAS DE IMPLANTACIÓN DOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA DE PONTEVEDRA

Venres, 09 Xan 2026

Desde esta Central Sindical CIG púxose hoxe, en coñecemento da Dirección Xeral e do Secretario Coodinador de Pontevedra, a situación de desorganización, falta de medios materiais e deficiente planificación na implantación dos Tribunais de Instancia de Pontevedra, cunha clara repercusión negativa tanto no servizo público de xustiza como nas condicións laborais do persoal.

Falta de dotación de equipos informáticos: A implantación dos Tribunais de Instancia comezou cunha insuficiente dotación de determinados equipos informáticos no Servizo Común Xeral. A día de hoxe segue faltando un equipo informático, o que imposibilita o desempeño normal dás funcións asignadas (todo isto xera atrasos e disfuncións).

Asignación incorrecta de funcións: constatamos que persoal confirmado no Servizo Común de Tramitación está a realizar funcións propias do Servizo Común de Execución, incumprindo a distribución funcional establecida na correspondente RPT, o que reflicte unha gran desorganización interna.

Falta de cobertura de Baixa por enfermidade: O antigo Xulgado de Primeira Instancia nº 3 leva dous meses e medio cun xestor/a procesual de baixa, sen que a praza fora cuberta por substitución ou, se fora o caso, por un interino. Consecuentemente acumúlanse na mesa aproximadamente uns 800 escritos pendentes de tramitación, co grave prexuízo que iso supón para o funcionamento do órgano xudicial e para os cidadáns.

Xestión de Permisos: Estanse a producir incidencias na xestión dos permisos, ao non existir claridade sobre cal é o superior competente funcional dos tres existentes ao que lle corresponde esta función.

Por todo o exposto, dende este sindicato solicitamos dotación dos equipos informáticos necesarios, corrección urxente das asignacións de funcións respectando as RPTS e a estrutura dos servizos comúns, cobertura inmediata mediante substitución ou persoal interino no antigo Xulgado de Instancia 3, e determinación clara e por escrito das competencias dos superiores funcionais.

Ligazón do xustificante de presentación do escrito remitido: