PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CELGA 4 "EN LIÑA"
No DOG do 15/10/2026 publicouse a RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (código de procedemento PL500G).
Esta convocatoria diríxese ás persoas maiores de dezaoito anos ou que os fagan antes da data de realización da proba fixada nesta convocatoria.
O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de duascentas (200).
A proba terá lugar o 27 de novembro de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.
O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ(10) DÍAS HÁBILES (Ata o 29 de outubro), que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
As persoas que desexen inscribirse nesta convocatoria deberán presentar dúas solicitudes:
1) A primeira solicitude debe realizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para os efectos do rexistro oficial de entrada e a correspondente tramitación administrativa. Esta presentación debe realizarse a través da sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal/es/detalle-procedemento?codtram=PL500G, empregando o formulario normalizado (anexo I). A capacidade técnica e a dispoñibilidade dun equipamento informático que permita realizar a proba en liña obxecto desta convocatoria xustifican a obrigatoriedade da devandita presentación electrónica.
2) A segunda solicitude debe realizarse a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, pois esta constitúe o soporte técnico indispensable para a realización da proba en liña. Esta solicitude presentarase a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, https://formacion-lingua.xunta.gal, e realizarase do seguinte xeito: primeiro, a persoa solicitante accederá á devandita plataforma mediante o seu nome de usuario/a e o contrasinal; a continuación, seleccionará a proba e inscribirase nela. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá rexistrarse previamente nela. O nome e apelidos facilitados na plataforma deben coincidir cos do documento que acredita a súa identidade (DNI, NIE ou pasaporte).
A orde de presentación de ambas as solicitudes é indiferente, sempre que se efectúe dentro do prazo establecido.