PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA 1, 2, 3 E 4

Martes, 17 Mar 2026

No DOG do 13 de marzo publicouse a RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como neste mesmo Portal da Lingua Galega.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: do 16 de marzo ao 8 de abril.

Para aceder ao modelo de solicitude preme na ligazón:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PL500C

Para máis información preme na ligazón:

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Probas/convocatoria_0034.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal