PROBLEMÁTICA SOBRE O APARCADOIRO DO PERSOAL DO REXISTRO CIVIL DE VIGO

Martes, 21 Out 2025

Despois dunha visita deste sindicato ao Rexistro Civil Exclusivo de Vigo se nos trasladou, por parte das traballadoras/es que, pese a ser funcionarios da Administración de Xustiza en Galiza con destino en Vigo, se atopan que moitas veces non teñen onde aparcar nas proximidades do novo emprazamento do rexistro.
Entendemos que na Cidade da Xustiza contamos con prazas suficientes para que as funcionari@s do rexistro civil poidan aparcar tamén, se o consideraran necesario, toda vez que este servizo e as súas traballador@s seguen integrados na Administración de Xustiza en Galiza.
Para máis inri, entendemos que si se facilitara o anterior, liberaría aparcadoiros para os cidadáns que quixeran acceder ao rexistro civil para facer as súas xestións.
Por todo o exposto solicitamos que por parte da Dirección Xeral de Xustiza se permita que os funcionarios pertencentes ao Rexistro Civil Exclusivo de Vigo poidan utilizar o aparcadoiro da Cidade da Xustiza, tal e como tamén foi  peticionado por algúns deles.

Para ver o xustificante de presentación preme na seguinte ligazón: