Produtividade, traballo a distancia, acción social e formación

Xoves, 03 Out 2024

 

Reuniuse o Grupo de Traballo de Acción Social e Formación e o Secretario Xeral de MUFACE informou tamén sobre outras materias.

Os temas concretos que se trataron foron os seguintes:

Produtividade adicional por cumprimento de obxectivos:  abono en novembro dos dous semestres xuntos.

Traballo a distancia: parece que todo vai seguir igual, pero temos que esperar para comprobalo.

Acción social: hoxe publícanse as listaxes provisionais e a partir de mañá comeza o prazo de alegacións.

Existe un remanente de 25.000 € e enviarán unha proposta de reparto do mesmo.

 

Formación: aprobouse o Plan de Formación do segundo semestre, coa abstención da CIG. 

Ver NOTA INFORMATIVA