PROMOCIÓN INTERNA TRAMITACIÓN ÁMBITO MINISTERIO ADXUDICACIÓN DE DESTINOS AOS OPOSITORES QUE SUPERARON O PROCESO SELECTIVO

Orde de 27 de novembro do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes
Venres, 01 Dec 2023

Orde do 27 de novembro do Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes pola que se otorga destino ao persoal funcionario do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza (quenda promoción interna), que superou as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/242/2022 do 24 de marzo, no ámbito do Ministerio de Xustiza.

Os destinos adxudicados veñen relacionados no Anexo I da citada orde, podes premer na ligazón se queres coñecelos:

LISTAXE DE DESTINOS ADXUDICADOS

O persoal funcionario do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, ao que se lle otorga destino nesta orde, deberá tomar posesión do seu cargo ante o responsabel do órgano xudicial ou fiscal de destino, dentro do prazo de vinte días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación desta orde no Boletín Oficial do Estado.

O persoal funcionario que opte por continuar en activo no Corpo de Auxilio Xudicial, non será necesario que se desprace a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, basta con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado comunique á Xerencia Territorial correspondente ou ao órgano competente das Comunidades Autónomas con traspasos recibidos, dita opción, para os efectos de declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506 d) da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo do Poder Xudicial.

No caso de que o/a funcionario/a optara por ingresar no Corpo de Tramitación e quixese evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de Xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderá solicitar da Xerencia Territorial correspondente ao seu destino un permiso retribuído de un día se non hai cambio de localidade, ou de dous días si hai cambio de localidade, salvo no caso en que o desprazamento sexa a Canarias, Illas Balears, Ceuta ou Melilla, nese caso o permiso poderá ser de ata tres días. Estes días considéranse hábiles, e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados.

No caso de que o funcionario/a veña doutra Xerencia Territorial ou de Comunidades Autónomas que teñan transferidos os medios persoais, deberá remitirse dita documentación a estes órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no Corpo de Auxilio Xudicial e o cesamento automático coa mesma data en que se produza a toma de posesión no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, ao obxecto de evitar a interrupción na percepción do seu soldo.

O persoal funcionario que opte por permanecer no novo posto do Corpo de Tramitación, terá dereito, a partir da toma de posesión, ao permiso retribuído que establece a disposición adicional quinta do Real Decreto 364/1995 do 10 de marzo, permiso do que se deducirán os días contemplados no apartado terceiro desta Orde.

O persoal funcionario interino que actualmente ocupe prazas que foron adxudicadas ás persoas aspirantes aprobadas, cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do persoal titular.

O persoal de tramitación que tome posesión, non poderá participar nos vindeiros concursos de traslados ata que pasen dous anos dende a data desta orde. O cómputo do prazo faise segundo o establecido no parágrafo segundo do artigo 529-3 da LOPX 6/1985 de 1 de xullo.

As prazas ofertadas aos aspirantes que resultaran desertas, ofertaranse aos aspirantes do corpo de Tramitación da quenda libre.

Se queres ver o acordo completo  PREME AQUÍ