Propostas da CIG para mellorar a formación en Muface
Na xuntanza celebrada hoxe coa Administración para negociar o Plan de formación 2026, a CIG levamos á mesa propostas moi concretas para corrixir as carencias que vimos no documento:
-
Garantir polo menos un curso ao ano para quen o solicite.
-
Implantar un plan de formación para a xente de novo ingreso ou que chega a Muface a través dun concurso ou reingreso, para que non dependan do esforzo dos compañeiros para formarse.
-
Dar prioridade na selección do alumnado a quen recibise menos formación nos dous últimos anos e non usar só a antigüidade.
-
Crear un ficheiro de docentes transparente onde se esixa calidade e boas avaliacións.
Ver NOTA CIG