PRÓRROGA DO PRAZO PARA O DESFRUTE DAS VACACIÓNS XA !!!

Mércores, 05 Nov 2025

O Ministerio de Xustiza confirmou a prorroga do desfrute das vacacións e asuntos propios correspondentes ao ano 2025 ata o 31 de marzo do 2026.

Hai compañeiras/os que están a solicitalas pensando no actual prazo.

A Dirección Xeral de Xustiza manifestou a súa disposición a unha posible prórroga.

Por iso, dende a CIG, instamos á DXX a que amplíe xa o seu desfrute, publicando a resolución oportuna.