
PRÓXIMA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE TRASLADOS DE VILAS

Na xuntanza mantida co Ministerio de Xustiza este pasado 30 de xullo, indicóusenos que vai convocarse o concurso pendente das vilas da Fase I que non sairon no anterior concurso de traslados. Posiblemente a publicacion deste "concursillo" se faga en agosto, pero con prazo de presentación en setembro.
Como última hora indicóusenos que xa están a preparar o aplicativo para o "concursillo" e, a semana que ven, seguramente, xa poderán dar a data exacta en que se pode publicar o concurso. Ao mesmo tempo o Ministerio quedou de remitir ás CCAA os ficheiros para que carguen as súas prazas vacantes para incluír no mesmo.
Finalmente o Ministerio mantén a súa intención de convocar o concurso de traslados correspondente a 2025 a finais de ano.