PRÓXIMA OFERTA DE PRAZAS PARA O CONCURSO DE MÉRITOS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Convocatoria Orde PJC/1357/2024, do 19 de novembro
O Ministerio de Xustiza ven de comunicarnos, en relación co proceso selectivo convocado pola Orde PJC/1357/2024, do 19 de novembro, correspondente á cota de reserva para persoas con discapacidade, que está a levar a cabo os traballos necesarios co fin de culminar a tramitación das prazas que resultaron desertas.
O obxectivo é remitir ao Boletín oficial del Estado todas as resolucións correspondentes para a súa publicación o próximo 7 DE NOVEMBRO DE 2026, relativa ao anuncio de prazas desertas para os aspirantes a ingreso nos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial, nas oposicións convocadas pola citada Orde, ao obxecto de dar a debida publicidade e continuidade ao procedemento.