PRÓXIMA PUBLICACIÓN NOVA REGULAMENTACIÓN COMISIÓNS DE SERVIZO
A Dirección Xeral de Xustiza comunicou que o vindeiro 23/12/2025 está prevista a publicación no DOG da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.