PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NA BOLSA DE PERSOAL INTERINO DO CORPO DE MÉDICAS FORENSES

Mércores, 23 Set 2026

Onte publicouse a Resolución pola que se aproba a listaxe definitiva de persoas que foron admitidas e excluídas da bolsa de persoal interino do Corpo de Médicos e Médicas Forenses ao servizo da Administración de Xustiza, convocada pola Orde da Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.

Resolución do 22 de setembro de 2026 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproba a listaxe definitiva coas novas persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de Xustiza convocada pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024

A listaxe poderá consultarse tamén na ligazón que vos deixamos a seguir ou a través da OPAX (https://opax.xunta.es), seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".