PUBLICACIÓN DA NOVA LISTAXE PROVISIONAL DE M.FORENSES INTERIN@S
O 20 de abril publicose na intranet e na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 20 de abril de 2026 pola que se aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da administración de xustiza convocadas pola orde da consellería de presidencia, xustiza e deportes do 2 de setembro de 2024.
Os/as interesados/as terán DEZ DÍAS HÁBILES a partir da súa publicación para presentar as alegacións que consideren pertinentes utilizando o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática, presentación que se deberá realizar de acordo co disposto no artigo 22 da Orde do 2 de setembro de 2024.
Para ver a resolución completa preme na ligazón:
