PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO ESPECÍFICO DE LETRADAS/OS FASE III

Convocatoria Orde PJC/864/2025, de 4 agosto.
Luns, 03 Nov 2025

Publicouse no BOE do 3 de novembro a Orde PJC/1227/2025, do 30 de outubro, pola que se resolve o concurso específico, convocado por Orde PJC/864/2025, do 4 de agosto, para o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza.

A toma de posesión será o 31 de decembro de 2025 e a do cesamento nos actuais destinos deberá efectuarse dentro dos TRES DÍAS hábiles anteriores.
O cómputo dos prazos de cesamento e toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos e licenzas, incluída a de vacacións que fosen concedidos ás persoas interesadas.

Para ver a Orde completa preme na ligazón: