PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE PERSOAS QUE SUPERAN O PROCESO SELECTIVO - QUENDA LIBRE - XESTIÓN

Convocatoria Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro
Venres, 05 Set 2025

Publicouse na páxina web do Ministeiro de Xustiza o acordo do TCU do proceso selectivo para ingreso polo sistema de acceso libre ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa convocado pola Orde PJC/ 64/ 2024 no que se indica que finalizado o proceso selectivo, o Tribunal eleva proposta coa relación de persoas que superan o proceso selectivo, en cada ámbito territorial e no número de prazas convocadas, con indicación do número de orde, datos persoais, puntuación obtida en cada unha das fases do proceso selectivo e a puntuación total, de conformidade coa base 7.7 da Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro xa citada.

Así mesmo, de conformidade coa base 7.8 e, dado que hai prazas na Rioxa, Navarra e o País Vasco que non foron cubertas, en breve publicarase información sobre a realización
da proba selectiva adicional a que se refire a base 1.3.