PUBLICACIÓN LISTADO PROVISIONAL ACCIÓN SOCIAL 2025

Resolución do 9 de setembro de 2025
Venres, 19 Set 2025

Publicouse no DOG do 19 de setembro a Resolucion de 9 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas interesadas terán un prazo de DEZ DÍAS HABILES contados dende ou día seguinte a publicación para formular reclamacións.

Por mor do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

Para ver a resolución completa preme na ligazón: