
PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS/AS BOLSA INTERINOS/AS MÉDICOS/AS FORENSES

Acaba de publicarse na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 22 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe definitiva coas novas persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de xustiza convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.
Podes consultar a listaxe de persoas admitidas aquí: Lista defintiva de admitidos/as
A listaxe poderá consultarse tamén a través da OPAX, seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".
Estas listaxes entrarán en vigor o día seguinte ao desta publicación e substituirán ás listaxes vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.
Para ver o texto da resolución preme na ligazón: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/documents/non-indexar/36153/158642/20250522-resolucion-definitiva-gal.pdf?version=1.0